Configuración da páxina principal

Como páxina principal ou de portada da aula virtual entenderemos aquela que vemos cando a URL no navegador de internet remata en ‘aulavirtual2/’ e que non debemos confundir coa páxina de área persoal do usuario coa sesión activa cuxa URL remataría en ‘aulavirtual2/my/’.

Para acceder ao formulario de configuración da páxina principal da aula virtual temos dúas opcións:

  • Administración do sitio >> Páxina principal: Configuración da páxina de portada
  • Estando na páxina principal, no menú de ADMINISTRACIÓN >> Configuración da páxina principal: Editar a configuración

Accedendo a esta ruta teremos un formulario que comenza como esta imaxe:

Configuración da páxina de portada

Figura 1: Comenzo do formulario de configuración da páxina de portada

Neste formulario podemos configurar, entre outros, os seguintes aspectos:

  • Nome completo da aula virtual
  • Nome abreviado da mesma.
  • Descrición da páxina principal.
    • Consiste nun texto HTML, no que polo tanto podemos incluir diversos elementos, que aparecerá coma un bloque na páxina principal.
    • Podemos utilizalo para personalizar a aula virtual, para dar unha información breve aos usuarios ou tamén para incluir enlaces a outras páxinas en Internet.
  • Que elementos se amosan antes de iniciar sesión (Variable: Páxina principal – frontpage) e unha vez iniciada a sesión (Variable: Elementos da páxina de portada ao acceder):
    • Poderemos engadir en cada caso ata 5 elementos a visualizar.
    • As opcións que temos para cada un destes elementos son:
      • Novos elementos. Aparecerán as últimas novas do sitio.
      • Lista de cursos. Cursos dispoñibles na aula virtual
      • Cursos nos que se matriculou. Cursos nos que participa o usuario (calquera que sexa o seu papel no curso: profesor, alumno,…)
      • Lista de categorías. Poderemos pinchar en cada categoría para ver os cursos que contén.
      • Lista combo. Lista combinada de categorías e cursos.
      • Caixa de búsqueda de cursos.
      • Ningún. Non se visualiza ningún elemento.
    • Vemos na seguinte imaxe un exemplo de configuración dos elementos que aparecen na páxina principal. Antes de iniciar sesión, so a lista de categorías. Despois de iniciar sesión: Os cursos nos que se participa, a lista combinada de categorías e cursos, e a búsqueda de cursos.

Elementos da páxina principal

Figura 2: Elementos que aparecen na páxina principal da aula virtual

Bloques da páxina principal.

Outro aspecto a considerar respecto da páxina principal é o conxunto de bloques que aparecen nela.

Temos algúns bloques que normalmente aparecerán sempre:

  • Navegación. Non é posible eliminar este bloque. Aparecerá incluso antes de iniciar sesión.
  • Administración. Non é posible eliminar este bloque. Aparecerá só coa sesión iniciada.
  • Descrición da páxina principal. Amosará o contido introducido na configuración da páxina principal. Pódese agochar ou eliminar. A súa eliminación son supón que se perda o contido introducido na configuración da páxina principal.
  • Calendario

Ademais, Moodle ofrécenos unha serie de bloques adicionais que podemos engadir á páxina principal (e tamén aos cursos) que nos ofrecerán información diversa. Algúns destes bloques son:

  • Acceso
  • Busca nos foros
  • Cursos
  • Próximos eventos
  • Usuarios conectados
  • HTML (Permite a introdución de calquera contido con formato de hipertexto)

Para editar o conxunto de bloques da páxina principal, debemos activar a edición de bloques no enlace Activar edición do bloque de Administración

Activar edición da páxina principal

Figura 3: Activar edición da páxina principal

Unha vez activada a edición da páxina principal, nos bloques aparecen novos iconos, que podemos ver nesta imaxe:

Edición de bloque

Figura 4: Iconos e menú de configuración de bloques.

  • Plegar bloque. Plaga o bloque deixando visible só o título. Aparecerá un botón + para desplegalo.
  • Levar ao lateral. Ancla o bloque no lateral esquerdo da ventana fora do marco no que se visualizan os contidos comportándose entón coma un menú que se abre cando pinchamos nel.
  • Desplazar. Permite desplazar o bloque cara arriba ou cara abaixo no mesmo lateral ou cambialo de lateral.
  • Menú de accións. Abre o menú de accións con estas opcións:
    • Configurar o bloque. Permite configurar outros parámetros do bloque como dónde estará dispoñible.
    • Agochalo. Oculta o bloque sen eliminalo.
    • Asignar roles. Permitiría asignar permisos para o bloque.
    • Eliminalo. Elimina o bloque. Salvo que sexa y bloque HTML, poderemos engadilo de novo.