Introdución

Moodle permítenos crear unha estrutura de categorías e subcategorías nas que organizar os cursos da nosa aula virtual. Para definir estas categorías pódense seguir distintos criterios como poden ser: Etapas educativas, Niveis educativos, Ciclos, Materias, Departamentos, e calquera outro que nos interese. Evidentemente podemos combinar estes criterios. Moodle permite crear subcategorías ata unha profundidade de 9 niveis.

O obxectivo desta estrutura debe ser que se facilite a localización e identificación de cada curso dentro da aula virtual.

Creación dunha nova categoría

Para crear unha nova categoría ou subcategoría só teremos que introducir dous datos: o nome da mesma e de que outra categoría depende no caso de ser unha subcategoíra.

Temos dous camiños para acceder a este formulario:

  • Adminstración do sitio >> Cursos >> Engadir unha categoría
  • Administración do sitio >> Cursos >> Engadir/Editar cursos, e logo pinchamos no enlace Crear unha nova categoría

Deste xeito accederemos ao seguinte formulario no que introduciremos os seguintes datos:

  • Categoría principal. Elexiremos de que outra categoría colga esta nova categoría (subcategoría), ou deixaremos «Parte superior» para que a nova categoría estea no primeiro nivel.
  • Nome de categoría (obrigatorio). Nome ou título da categoría. Pode haber varias categorías co mesmo nome, aínda que se se da este caso, normalmente dependerán de distintas categorías superiores.
  • Número ID da categoría. Podemos utilizar este campo para introducir un identificador da categoría que sirva para comparala contra un sistema externo.
  • Descrición. Podemos utilizar este campo para algúnha información relevante da mesma como por exemplo que tipo de cursos que se van a atopar dentro dela.

Nova categoría de cursos

Figura 1: Engadir unha categoria de cursos

Xestión das categorías existentes

Desde a ruta Administración do sitio >> Cursos >> Engadir/Editar cursos accedemos a un panel de xestión das categorias e tamén dos cursos.

Na parte dereita da pantalla temos un despregable a xeito de enlace con tres opcións:

Modo de visión do panel

Figura 2: Seleción do modo de visión do panel de xestión de categorías e cursos.

  • Categorías de cursos e cursos. Veremos un panel no que xestionar as categorías e outro no que xestionar os cursos da categoría elexida:

Panel de xestión de categorías e cursos

  • Categorías de curso. Veremos só o panel de xestión das categorías:

Panel de xestión de categorías

  • Cursos. Teremos que elixir unha categoría e teremos o panel para xestionar os seus cursos:

Panel de xestión de cursos

Polo momento imos ver que podemos facer no panel de xestión das categorías.

Accións sobre unha categoría

No panel de xestión de categorías, á dereita de cada unha delas aparecen uns botóns que nos dan información e non permiten realizar determinadas accións sobre a categoría.

Botóns das categorías

Imos ver que podemos facer con eles:

  • O ollo dinos se a categoría esta visible ou oculta e permite conmutar entre estes dous estados. Se unha categoría está oculta, tódolos cursos que contén estarán ocultos e serán inaccesibles polo alumnado.
  • As frechas cara arriba e cara abaixo permiten mover a categoría nesa dirección co obxectivo de reordenar as categorías.
  • A rodiña desplega o seguinte menú contextual no que podemos executar varias accións:
Menú de categoría Menú contextual dunha categoría:

  • Editar. Permite modificar os datos da categoría: Pai, Nome, ID, Descrición.
  • Ordenar subcategorías polo nome. Ordena alfabeticamente as subcategorías desta.
  • Ordenar subcategorías polo número de ID.
  • Eliminar. Elimina a categoría e pregunta se queremos mover o seu contido a outra ou se elimina todo.
  • Asignar roles.
  • Permisos.
  • Circulos.
  • Filtros.
  • Á dereita de todo destes botóns aparece o número de cursos que contén a categoría.

Mover unha categoría

Podemos cambiar unha categoría de sitio, é dicir, cambiarlle o pai ou categoría da que colga. No seguinte exemplo moveremos a categoría Bacharelato, que por erro colga de Ciclos Formativos para convertila unha categoría do nivel superior. Para facelo debemos marcar o check da categoría que queremos mover (podemos marcar varias para movelas ao mesmo sitio); elexir o destino no despregable Mover as categorías selecionadas a; e pinchar no botón Mover:

Mover categoría

Figura 2: Mover a categoría Bacharelato á parte superior

Categoría movida

Figura 3: Resultado de mover a categoría Bacharelato

Ordenación automática do contido (subcategorías e cursos) das categorías

Na parte central do panel de xestión das categorías, baixo a etiqueta Ordenado, temos tres despregables que nos permiten ordenar o contido dunha ou varias categorías:

  • 1º Despregable. Selecionamos para que categorías imos ordenar o contido. Tres opcións:
    • Esta categoria. Ordenará o contido da categoría selecionada (da que vemos os cursos no panel da dereita).
    • Categorias selecionadas. Ordenará o contido das categorías que teñan marcado o check.
    • Todas as categorías. Ordenará o contido de todas as categorías
  • 2º Despregable. Criterio para ordenar as subcategorias de cada unha das categorías selecionadas antes. Tres opcións:
    • Ordenar categorías (subcategorías) polo nome
    • Ordenar… polo ID
    • Non ordenar as categorías: Ordenaría soamente os cursos.
  • 3º Despregable. Criterio para ordenar os cursos. Catro opcións:
    • Por nome completo.
    • Por nome curto.
    • Por ID.
    • Non ordenar os cursos. Ordenaría soamente as subcategorías.