Veremos as seguintes opcións:

  • Detección automática do idioma.
  • Idioma predeterminado.
  • Presentar o menú de idiomas.
  • Idiomas no menú de idiomas.

Menú Administración do sitio

Para acceder ao menu de configuracións de idiomas teremos que premer dende a páxina principal no menú de Administración do Sitio e dirixirnos a lapela de idioma.

Neste apartado atoparemos tres submenús:

  1. Configuración de idioma.
  2. Personalización do Idioma.
  3. Paquetes de idioma.

Configuración do Idioma

Cando prememos sobre a configuración do idioma aparencen unha serie de opción que imos describir a continuación:

Detección automática do Idioma: Ten unha casilla de verificación que si se marca, moodle detecta o idioma predeterminado do noso navegador. Se non verificamos a casilla moodle elixe o idiomo predetermidado que temos configurado..Idioma predeterminado

Idioma predetermidado: Nesta pestaña podemos definir o idioma predeterminado para o noso moodle, aínda que cada usuario despois poda elexir o seu propio idioma.

Presentar o menú de idiomas: Esta opción ten unha casilla de verificación que si esta premida presenta de modo accesible o menu de idioma na páxina principal. Isto non afecta á capacidade do usuario para definir os idiomas preferidos no seu propio perfil.Selector de idiomas

Idiomas no menú de idiomas: Se deixamos en  branco para permitirlle aos usuarios escoller calquera idioma que teña a  instalación de Moodle podemos reducir o menú de idioma introducindo unha lista de códigos de idiomas separados por comas. Por exemplo: en, es, fr, gl, it

Idiomas no menú de idiomas