1 Introducción

Nas antigas versións 1.x de Moodle, o concepto de grupo existía só dentro de cada curso e así podía utilizarse para separar alumnado de distintos grupos-aula (p.e. 2ºA-ESO e 2ºB-ESO), ou para agrupar ao alumnado dunha mesma aula en distintos grupos de traballo. Así cada profesor debía crear os grupos precisos no seu curso e asignar a cada grupo o alumnado correspondente. Pero non existía unha definición de grupos a nivel da aula virtual que se correspondese cos grupos de alumnos do centro educativo. Esto implicaba que cada profesor para cada curso tiña que compoñer os seus grupos de alumnos.

Para solucionar esta carencia, as novas versións 2.x de Moodle ofrécennos o que chaman Círculos, tamén referidos como cohorts ou system-groups.

Estes Círculos son grupos nos que organizaremos o alumnado igual que se fai a nivel de centro educativo. Cada Círculo pode ser creado no contexto do sistema ou no contexto dunha categoría de cursos. No primeiro caso estarán dispoñibles para todos os cursos da aula virtual, e no segundo caso estarán dispoñibles nos cursos desa categoria e subcategorías.

Así, podemos crear un Círculo para cada un dos grupos de alumnado do centro educativo e logo utilizalos para matricular a todo o alumnado do grupo en cada curso, é dicir, que non temos que matricular en cada curso a cada un dos seus alumnos/as, senón que matricularemos nunha sóa operación a tódolos alumnos/as dun Círculo. Ademais os Círculos poden quedar sicronizados cos cursos e as altas e baixas que se produzan nos círculos reflexaranse automáticamente nos cursos, así se un alumno/a marcha do Centro educativo, ao dalo de baixa no Círculo do seu grupo tamén se dará de baixa nos seus cursos; se ven un alumno/a novo ao centro, ao inscribilo no Círculo do seu grupo, quedará matriculado automáticamente nos seus cursos. Se un alumno cambia de grupo no centro, ao cambialo de Círculo causará baixa nos cursos nos que estaba matriculado polo Círculo de orixe e será matriculado nos cursos do Círculo de destino.

2 Creación de Círculos

Como decíamos anteriormente un Círculo créase no contexto do Sistema ou no contexto dunha categoría de cursos. Na seguinte imaxe vemos os Círculos existentes na categoría Educación secundaria Obrigatoria:

Administración de círculos

Figura 1: Círculos nunha categoría

Para acceder ao formulario cos circulos existentes no contexto dunha categoría de cursos, debemos acceder á administración da categoría por Administración do sitio > Cursos: Engadir/Editar cursos, e logo alí no menú de administración da categoria ir á opción Círculos. Vémolo nesta imaxe:

Círculos da categoría

Figura 2: Acceso aos círculos dunha categoría.

Creación dun novo Círculo

A creación dun novo Círculo pode facerse desde unha categoría ou desde a ruta Administración do sitio > Usuarios > Contas: Círculos (COHORTES)

Para crear un novo Círculo, no formulario anterior pinchamos no botón Engadir, que nos leva ao seguinte formulario:

Novo Círculo

Figura 3: Engadindo un novo Círculo

Na imaxe anterior damos de alta un novo Círculo para o alumnado do grupo A do segundo curso de Educación Secundaria Obligatoria:

  • Nome: Campo obligatorio. Utilizaremos un pnemotécnico significativo e o máis breve posible. Pode haber varios círculos co mesmo nome  na aula virtual, incluso dentro do mesmo contexto pero o recomendable é que non se repitan, a lo menos dentro do mesmo contexto.
  • Contexto: Se eleximos Sistema, o circulo estará dispoñible para matricular aos seus alumnos en tódolos cursos da aula virtual. Se temos a aula virtual organizada en categorías que corresponden con ensinanzas, ciclos, ou niveis educativos podemos crear cada círculo no contexto da categoría que lle corresponde (coma neste exemplo que ao ser un grupo da ESO o creamos no contexto da ESO), e así estará dispoñible só para os cursos desa categoría.
  • IDentificador do Círculo: Campo opcional. Non pode haber dous círculos en toda a aula virtual con mesmo identificador. Podemos poñer o mesmo que no nome se é único. Este campo é necesario se queremos utilizar o sistema de carga de usuarios para asignar os usuarios aos círculos, xa que é este identificador o que utilizaremos na columna cohort do ficheiro de datos.
  • Descrición. Opcional.

Administración dun círculo.

Podemos realizar tres operación de administración sobre un círculo: Eliminalo, Editalo, Asignarlle usuarios.

Botón Función
Eliminar Eliminar o Círculo
Editar Editar o Círculo. Poderemos cambiar o nome, o contexto, a identificación e a descrición.
Asignar usuarios Asignar usuarios ao círculo. Lévanos a un formulario para asignar usuarios ao Círculo

Asignación de usuarios a un círculo.

Un vez creado un círculo para un grupo de alumnado do centro, o que temos que facer e meter nese círculo ao alumnado correspondente. Temos dous xeitos de facelo:

  • Manualmente selecionando os usuarios dunha lista
  • Mediante a carga dun ficheiro con datos de usuarios

Asignación manual de usuarios.

Debemos acceder ao formulario de administración no que estea o círculo (contexto do sistema ou unha categoría de cursos), como se ve na Figura 1 deste documento, e ahí pincharemos no botón de asignar usuarios (Asignar usuarios) o que nos levará ao seguinte formulario:

Asignar usuarios a un círculo

Figura 4: Asignación manual de usuarios a un círculo.

Na lista á esquerda deste formulario temos os usuarios que xa están no círculo e na lista da dereita o resto de usuarios da aula virtual. Selecionaremos o usuario ou usuarios que queremos engadir ou quitar do círculo na lista correspondente e cos botóns Engadir e Eliminar levaremos a cabo a operación desexada.

Debemos fixarnos na mensaxe de advertencia que aparade ao principio, que ven a dicir que se quitamos un usuario (alumnos/a) do círculo e este círculo está sincronizado coa matriculación nalgún curso, o usuario será desmatriculado deses cursos perdéndose toda a información relativa á participación do usuario no curso (entrega de tarefas, participación en foros, cualificacións, etc).

Este sistema pode resultar moi tedioso para atopar e asignar os usuarios dun grupo. Un truco que pode axudar moito é facer que os usuarios (alumnos e alumnas) incluan no seu nome de pila ou apelido un nemotécnico do grupo ao que pertencen.

Asignación mediante a carga dun ficheiro con datos de usuarios

Outra solución é utilizar a función de Moodle para a carga masiva de usuarios. Se no ficheiro de datos de usuarios engadimos a columna cohort1 e nela poñemos para cada usuario o identificador do círculo (campo ID) no que o queremos meter, Moodle fará esta asignación cando carguemos ese ficheiro para dar de alta aos usuarios ou cando o carguemos para actualizalos. Se os usuarios xa existen sería suficiente un ficheiro co par de columnas: username, cohort1. Na seguinte imaxe vemos un exemplo.

Datos para asignar usarios a círculos

Figura 5: Ficheiro CSV para asignar usuarios aos círculos.