Instalación e configuración de Inkscape

    O Inkscape é un programa de debuxo vectorial. Existen básicamente dous tipos de imaxes: as conformadas como un conxunto de puntos (pixeles), e as construídas a base de fórmulas xeométricas que debuxando puntos, liñas, polígonas, etc. conforman unha imaxe que pode ser ampliada ou transformada sen perder calidade. Non sempre é posible traballar con este último tipo de imaxes posto que é moi complexo traducir a fórmulas matemáticas as fotos, paisaxes, …

    A instalación deste programa é moi doada porque está nos repositorios de Ubuntu. Para facela procederemos do seguinte xeito:

        1. Prememos no Iniciador «Centro de software de Ubuntu».

        2. No recadro de Buscar (está na parte superior dereita da ventá) escribimos «inkscape» e prememos Intro.

        3. Unha vez que atopa o programa, xa soamente nos queda premer no botón Instalar para comezar o proceso de instalación.

 Se todo foi ben no «Iniciador» , debería aparecer a opción do inkscape:

    Existe unha páxina web cun repositorio de imaxes preconstruídas en formato vectorial (SVG) que podemos utilizar libremente nos nosos traballos. Premendo no enderezo ftp://ftp.drupal.org/.2/openclipart/downloads/2.0/openclipart-2.0-full.zip poderemos facer a descarga dun arquivo que contén unhas 26.000 imaxes de uso libre.

    Unha vez baixado o arquivo anterior, descomprimímolo (botón dereito do rato – extraer aquí). Ao final obteremos un cartafol de nome openclipart-2.0-fulldentro do cal hai outro chamado clipart que contén as imaxes. Para probar o seu funcionamento iniciamos o Inkscape, prememos no Menú – «Archivo – Abrir…»