Tratamento de imaxes. Primeiros pasos
Neste capítulo imos aprender a manipular unha imaxe previamente creada para adaptala ás nosas necesidades. Imos utilizar unha ferramenta de gráficos vectoriais chamada Inkscape.
Supoñamos que estamos a traballar os ósos do corpo humano e necesitamos un esquema gráfico das extremidades superiores como este:
Busca da imaxe
Para este exercicio buscamos na rede e descargamos nunha carpeta do noso ordenador algunha imaxe vectorial (xa que este tipo de imaxes é máis sinxelo de modificar) que se aproxime ao noso propósito. Descargar a seguinte imaxe:
Modificación do texto
Abrimos o Inkscape e cargamos a imaxe que acabamos de descargar.
Para poder traballar máis cómodo podemos aumentar ou diminuír a vista da mesma premendo as teclas + e –
Como sempre, lembra ir gardando a imaxe a medida que vas facendo cambios nela para evitar posibles perdas.
A imaxe vectorial de partida está composta por moitas pequenas imaxes agrupadas. Para desagrupalas seleccionamos a imaxe de partida facendo un clic sobre ela e despois prememos o botón desagrupar situado na barra de ferramentas
Esta opción de desagrupar pódese premer varias veces, dependendo de que as imaxes obtidas na primeira desagrupación estean formadas á súa vez por ourtras máis sinxelas.
Imos cambiar o texto da clavícula. Para iso a seleccionamos premendo sobre ela . As frechas que aparecen ao redor úsanse para estirala ou reducila (verémolo máis adiante). Para borrar este texto en inglés basta con premer na tecla Supr. A continuación seleccionamos a ferramenta de texto situada na barra lateral esquerda
.
Nota:Deberemos saber que para abandoar unha ferramenta e volver a utilizar a de selección, prememos na frecha .
A continuación nos situamos sobre calquera espazo en branco, non necesariamente no lugar exacto, posto que poderemos movelo unha vez escrito. Escribimos a palabra «Clavícula», voltamos á ferramenta de selección, variamos o tamaño segundo nos conveña e arrastrámola ao lugar axeitado.

Modificación da cor e propiedades dos obxectos
Neste apartado, a modo de exemplo, imos resaltar unha vértebra cambiándolle a cor e o nome. Para iso seguiremos os seguintes pasos:
1º. Seleccionamos o rango de vértebras que están agrupadas
2º. Prememos no botón de desagrupar. É posible que este paso e mailo anterior haxa que repetilos varias veces dependendo do nivel de agrupamento de cada imaxe en particular.
Unha vez desagrupada, seleccionamos a vértebra desexada tal como aparece na imaxe anterior.
3º. Prememos no botón de editar obxectos situado na barra de ferramentas . Eliximos a solapa de «Relleno» , cor uniforme e cor desexada.

4º. Agora ímoslle engadir unha frecha para asignarlle o seu nome. Prememos no botón da barra de ferramentas situada á esquerda da pantalla . Facemos un clic no comezo da liña e, sen arrastrar, dobre clic no punto final da mesma.
Todos os obxectos que se engaden (liñas, círculos, texto,…) teñen propiedades que podemos modificar segundo o noso interese, premendo no seu botón correspondente. No noso caso . Aí poderemos cambiar o grosor, tipo de trazo, punta de frecha,… tal e como se aprecia na figura seguinte:
No noso caso o resultado que obtivemos unha vez inserido a texto é:
––]––
1.5 Movemento de obxectos
Neste apartado, a modo de exemplo, ímos elevar unha das extremidades xirándoa 90º. Para iso seguimos os seguintes pasos:
1º. Seleccionamos toda a extremidade a elevar e agrupámola para poder movela na súa totalidade conxuntamente.
2º. Sobre esta imaxe agrupada, facemos clic dúas veces para que aparezan as frechas que permiten a rotación.
3º. Arrastrando as frechas das esquinas podemos rotar a imaxe tanto como desexemos.
É posible que, como nos pasouo a nós, haxa que mover algún texto ou colocar axeitadamente a imaxe rotada.
Para rematar, lembra gardar o resultado final xa que con isto finaliza a práctica.