Retoque e preparación de imaxes.
Neste apartado imos manipular imaxes non vectoriais. Existen diferentes formatos como por exemplo jpeg, gif, png, bmp, tiff, etc. Cada un aporta distinta calidade e distinto tamaño de arquivo. Algún deles permítenos usar características especias como as transparencias.
Dependendo do uso que lle imos dar, elexiremos un ou outro formato. Por exemplo, se imos a publicala na Web deberiamos ter en conta o número de bytes que ocupa xa que interesa que «pese pouco» cando a imaxe se descargue no noso navegador web. Neste caso acostuma a usarse o formato jpeg por aportar unha boa compresión.
Existen diferentes ferramentas que permiten traballar cos distintos formatos e teñen utilidades para transformar ou retocar calquera tipo de imaxe. Neste apartado imos utilizar un programa moi coñecido no mundo do software libre para retoque fotográfico que é o GIMP.
Eliminar os ollos vermellos
Neste punto imos resolver un dos problemas máis frecuentes que nos pode aparecer nas nosas fotografías, como é a aparición dos ollos vermellos.
O primeiro que hai que facer é abrir o GIMP.
Este programa ten unha ventá, onde se almacenan as ferramentas, que non deberemos pechar nunca posto que esta acción provocaría tamén o peche do GIMP. No caso de que manipulemos ao mesmo tempo varias imaxes, haberá unha única ventá de ferramentas para todas elas e unha ventá de traballo para cada unha.
Abrimos a imaxe ollos vermellos no GIMP.
Para quitarlle os ollos vermellos prememos en «Filtros – Realzar – Quitar ojos rojos» e na ventá que se abre podemos modificar o umbral de detección dos ollos vermellos vendo na vista previa como quedaría.

Cando desexemos prememos sobre Aceptar e obteremos un resultado similar a este:
Retoque de imaxes
Moitas veces necesitamos variar certas características dunha imaxe para podermos adaptala ás nosas necesidades. Imos partir dunha imaxe en branco e negro á que lle daremos cor e lle cambiarémos algún texto.
Sempre que sexa posible deberemos traballar con imaxes con boa resolución como, por exemplo, a seguinte:

Marcamos o texto a suprimir:


E, por último, escribimos o texto «Linux para seres humanos».
Unha imaxe en GIMP está formada por capas. Estas pódense entender como transparencias superpostas que sumadas conforman a imaxe final. Para xestionar estas capas imos ata a ventá chamada «Capas, Canales, Rutas, Deshacer». Se non a temos visible, facémola directamente no menú «Ventanas». Tamén podemos visualizar a ventá de xestión de capas en «Ventanas – Diálogos empotrabales – Capas«.

O traballo coas capas dá moita flexibilidade porque as ferramentas só afectan á capa seleccionada en cada momento.
Para cambiar a cor o primeiro que temos que facer é seleccionar a capa coa que queremos traballar (Fondo). Seleccionamos a ferramenta de detección de contorno (Vara máxica)


Eliximos unha cor laranxa. Se queres darlle a exacta de ubuntu podes escribir onde pon notación HTML: f44800. Se todo foi ben a icona anterior mudou ao seguinte aspecto:
Repetindo os pasos anteriores imos completando a configuración do logo. Por se vos interesan os códigos das cores orixinais son: d40000 e fb8b00.
PASO 1 | PASO 2 | PASO 3 |
![]() |
![]() |
![]() |
PASO 4 | PASO 5 | PASO 6 |
![]() |
![]() |
![]() |
O resultado final debería ser algo similar ao seguinte:
Captura de imaxes
En moitas ocasións imos necesitar obter unha imaxe da pantalla que estamos a visualizar no noso ordenador. Se é toda a superficie dela a que queremos obter, podemos utilizar a tecla «Impr Pant» que nos deixará gardar a imaxe na carpeta que desexemos.
Se o que nos interesa é só un anaco da pantalla, podemos usar o Gimp tal e como se explica máis adiante no apartado «Recorte e limpeza de imaxes». Outra posibilidade é facer a captura da imaxe directamente dende o propio Gimp xa que así temos a posibilidade de capturar toda a pantalla, unha ventá determinada ou incluso só unha zona que podemos elixir nós.
Para facer a captura dende o Gimp imos ata «Archivo – Crear – Captura de pantalla…»
Tamaños e resolucións
Un dos problemas habituais que nos atopamos cando temos que traballar con imaxes é o seu tamaño (a maioría das veces non teñen o que precisamos) e a súa resolución que ou ben é moi baixa (é dicir, de pouca calidade) ou polo contrario demasiado alta e «pesa» moito (é dicir, o tamaño do arquivo é moi grande). Neste apartado imos ver a forma de solventar no posible estes problemas.
A modo de exemplo imos partir da seguinte imaxe:

Agora podemos cambiar o seu tamaño ou a súa resolución premendo sobre «Imagen – Escalar imagen».
![]() |
![]() |
Recorte e limpeza de imaxes
Neste apartado imos tratar de seleccionar un elemento dunha imaxe para poder utilizala de forma independente noutro lugar. Partimos da imaxe seguinte:




Unha vez delimitada a superficie a obter, debemos premer dentro dela para fixar a selección, desaparecendo os puntos da liña perimetral.