Neste capítulo imos ver como obter imaxes utilizando un escáner e unha cámara fotográfica dixital.

3.1.1 O escáner

    É un periférico para dixitalizar imaxes dende papel, tanto de libros, revistas, fotos, etc. O programa usado para manexar o escáner é o XSane que xa ven instalado en moitas das distros de GNU/Linux. No caso de non ser así deberemos abrir o Centro de software de Ubuntu  e proceder a instalalo como xa vimos en apartados anteriores do curso. 

2_3_escaner01

 

    Unha vez instalado ao inicialo, a pantalla que veremos é similar a seguinte:

2_3_escaner02

O normal é que o sistema detecte correctamente o noso escáner. De non ser así non é doado facer a configuración do mesmo xa que require ter coñecementos técnicos elevados.

Na pantalla anterior os parámetros máis interesantes son:

  • A configuración da cor, para axustar se queremos escanear en «Lineart» (branco e negro), en «Escala de grises» ou ben en «Color».
    2_3_escaner03
  • A resolución da imaxe que imos obter. A máis resolución a calidade será mellor pero tamén o tamaño do arquivo será máis grande. Deberiamos de axustar a resolución segundo sexa o obxectivo da nosa imaxe; por exemplo, se queremos ter unha copia impresa de boa calidade dunha fotografía que precisemos ampliar, a resolución terá que ser máis elevada que se esa foto soamente vai estar engadida nunha páxina web, posto que neste último caso a imaxe debe ter menor peso para que a súa descarga sexa máis rápida.

    O primeiro que temos que facer na vista previa é seleccionar a zona exacta que desexamos obter no escaneo. Podemos mostrar ou ocultar a ventá de vista previa dende o menú «Ventana».

2_3_escaner04

    Para facer a selección da área desexada debemos seguir o procedimento habitual de premer co rato nunha das esquinas desa área e arrastrar diagonalmente á esquina oposta. Veremos como aparece un paralelogramo en liña discontinua indicando que estamos a facer a selección.

2_3_escaner05

    Na imaxe anterior se aprecia levemente a zona seleccionada, neste caso a cabeza do cervo. Agora só nos queda premer no botón «Escanear» na ventá principal do XSane para obter o resultado final.

2_3_escaner06

3.1.2 A cámara dixital

    O xeito normal de conectar a cámara dixital ao noso ordenador é a través dunha conexión USB. O sistema recoñécea de xeito automático amosando a seguinte ventá:

2_3_camara01

    Se prememos no botón «Importar fotos» aparece unha ventá na que temos unha previsualización das fotos gardadas na cámara.

2_3_camara02

    Podemos seleccionar algunha ou todas as fotos e premer «Importar» para copialas ao ordenador.