Instalación do Gimp

    O Gimp é un programa que nos vai permitir transformar ou retocar calqueira tipo de imaxe non vectorial. Eliximos o Gimp por serén o máis coñecido no mundo do software libre para retoque fotográfico.

  1. Abrimos o programa instalador de aplicacións: Centro de software de Ubuntu (Iniciador – Centro de software de Ubuntu).
  2. Escribimos Gimp para buscar o programa. Unha vez que apareza na parte inferior da ventá, prememos Instalar para comezar a instalación do mesmo. 

Como sempre o instalador pídenos o contrasinal do administrador para poder continuar coa instalación do programa.

Despois dalgún tempo máis ou menos longo segundo sexa a velocidade da nosa conexión a Internet deberianos de aparecer a icona do Gimp na barra lateral co resto das aplicacións que temos instaladas no noso equipo.