Instalación e configuración de Scribus

    O Scribus é un programa de maquetación que permite crear publicacións sofisticadas de xeito sinxelo. É unha alternativa libre a outras ferramentas privativas como o Adobe Page Maker, o QuarkXPress ou o Adobe InDesign.

        Para proceder á súa instalación hai que seguir un proceso semellante ao da instalación do Inkscape:

       1. En primeiro lugar imos no Inicidor «Centro de software de Ubuntu».

       2. No recadro de busca de software escribimos scribus e prememos Intro.

       3. Cando apareza o nome do programa na lista inferior, prememos Instalar.