1 Introdución

Este apartado esta pensado para aprender a conectar un micrófono a un ordenador, saber configurar o software para que os niveis de entrada sexan os axeitados e logo realizar unha gravación de son co programa Audacity.

Audacity-logo

O último obxectivo perseguido é aprender a traballar co programa editor de son Audacity para realizar montaxes de son, por exemplo, para realizar o guión de como levar un traballo durante unha clase

2 O Hardware

O primeiro que temos que coñecer é como conectar un micrófono a un ordenador. Non todos os equipos son iguais, algúns son os chamados “desktop” ou ordenadores de escritorio ou sobremesa, outros poden ser de tipo portátil, polo cal a entrada do micrófono estará en diferente lugar e cunha indicación do conector de entrada de micrófono diferente.

1.1

Nos ordenadores de sobremesa a entrada de micrófono pode estar na parte frontal ou na traseira. O mellor é ter esta entrada no frontal.Nas imaxes xuntas pódense distinguir os seguintes conectores para traballar co son:

ok Lembra que…

  • Conector verde: Saída de son, para conectar os auriculares
  • Conector azul: Trátase do conector de entrada de líña, para introducir sons ao ordenador, por exemplo, desde un equipo de son.
  • Conector rosa: Para a entrada do micrófono.

Nalgúns casos a indicación do dispositivo de son a conectar indícase mediante un símbolo, como pode verse nesta imaxe. Enriba do conector rosa pódese ver o símbolo do micrófono.

1.2

Na parte frontal dun ordenador de sobremesa os conectores serán da mesma cor que neste caso. Sen embargo nos ordenadores portátiles isto pode variar:

1.3

Nesta imaxe pode verse onde se localiza a entrada do micrófono e a saída de son para os auriculares, grazas a que na parte esquerda das entradas aparece o símbolo cos identifica.

 

ok Lembra que…

  • 1.4 Símbolo de entrada do micrófono.
  • 1.5 Símbolo de saída de audio (altofalantes ou auriculares)

Conexión do micrófono ao ordenador

O primeiro que debemos facer é fixarnos no conector do micrófono que temos. Normalmente o tipo de micrófono que debemos enchufar deberá ser de tipo mono, é dicir, dun só canal, aínda que tamén é posible traballar con micrófonos de tipo estéreo (dous canais). Na seguinte imaxe pódese ver un «Jack» de 3.5 mm tipo mono (esquerda) e outro de tipo estéreo (dereita):

2.1

Na seguinte imaxe pódese ver o conector de tipo jack macho de 3.5 milímetros do micrófono tipo mono:

2.2

A conexión dun micrófono a un ordenador sempre se fará como pode verse nesta fotografía de aquí arriba; introducindo o “jack” de 3.5 milímetros á entrada de cor rosa, ou tamén á que mostre o símbolo do micrófono. Neste caso trátase da conexión a un ordenador portátil:

2.3

Se as gravacións de son teñen coma finalidade a realización de bandas sonoras para vídeo titoriais o recomendable é usar micrófonos que se suxeiten á cabeza, de maneira ca variación do nivel de son ao realizar a gravación se manteña constante aínda que se mova a cabeza. Do que se trata é que a distancia ao micrófono non varíe. Neste caso pódense usar dous tipos de micrófonos, sen ou con auriculares.

2.4

Os formatos de audio dixital

Cando se traballa con arquivos de son estes se poden modificar dixitalmente para conseguir unha boa calidade, á vez que se reduce o espazo que ocupan no disco duro. Basicamente se dividen en dúas grandes categorías, os formatos sen perda e os formatos con perda.

2b.2

Arquivos de son sen perdas.

Intentar minimizar a perda de información do son ao usar algoritmos de compresión elaborados, ou non os utilizar para evitar que o son modificado perda información. Estes arquivos conseguen unha reconstrución exacta da información orixinal.

Arquivos de son con perdas.

Utilizan algoritmos de compresión que melloran a compresión do arquivo para que ocupe menos espazo no disco duro, pero teñen o inconveniente que producen perda de información ao comprimilos. Esta perda de información con respecto ao arquivo orixinal pode ser inapreciable na maioría dos casos, ao estar a información que se perde fora dos rangos audibles polo ser humano.

Os formatos de son máis coñecidos son:

  • WAV: O formato de onda (WAV ven de Wave). Non ten perda, polo tanto a calidade dos arquivos de son é a máxima así como o espazo que ocupan no disco duro. Un arquivo de 15 segundos ocupa da orde de 1,3 Mbytes neste formato.
  • WMA: É un formato de compresión de son con perda aínda que tamén existe este formato con compresión sen perda. Está desenvolvido basicamente con fines comerciais para o reprodutor integrado en Windows, Windows Media Player. A súa calidade é intermedia con respecto a outros formatos.
  • MP3: Trátase dun formato que produce a perdida da información, pero esta non sole notarse por estar fora do rango audible. Na maioría dos casos non se nota a diferencia entre un ficheiro de son sen comprimir e o mesmo ficheiro comprimido en formato MP3. Unha das súas grandes vantaxes é que permite reducir o tamaño dos ficheiros de son considerablemente, por exemplo, un ficheiro que dura 15 segundos e que ocupa 1.3 MByte en formato WAV, ao comprimilo a formato MP3 pasa a un tamaño de unhas 5,5 veces menor, é dicir, 0,23 Mbytes.
  • OGG: É un formato de compresión que utiliza un códec (abreviatura de codificador-decodificador) de software libre, e tamén produce perda de información como o formato MP3. O nivel de compresión usando os mesmos parámetros que no formato MP3, é maior, isto quere dicir, e seguindo a exemplo anterior, que o ficheiro de son que ocupaba 0,23 Mbytes en MP3, en formato OGG ocupa 0,12 Mbytes.

Traballando con Audacity: configurando a entrada de audio

Antes de comezar a traballar con este programa deberemos:
1 Conectar o micrófono na entrada correspondente como se explicou nun apartado anterior.
2 Comprobar si o micrófono funciona correctamente. Para facelo dentro do Iniciador prememos sobre “Configuración do sistema” e dentro das opcións que aparecen eliximos “Son”.
menu_preferencias_son
3 Ábrese unha ventá na que premeremos sobre a pestana de “Entrada”.
Entrada_audio
4 Desde aquí, e co micrófono conectado, falaremos diante del para comprobar como a barra horizontal de nivel de entrada se ilumina indicando que se captura o son. No caso de que non funcione haberá que facer unha serie de comprobacións.
4.3

icono_alerta Comprobacións

a) Que o micrófono estea correctamente conectado.
b) Que o micrófono teña un interruptor e que se encontre en posición de encendido.
c) Que na ventá de “Preferencias de son” non estea marcada a opción de “Silenciar”.
5 Comprobar na ventá anterior que a barra deslizante horizontal se encontra sobre a marca de 100%. Desta maneira conseguiremos un nivel óptimo da entrada de son.
4.4

Traballando con Audacity: realizando unha gravación de voz

Para levar a cabo unha gravación de son con Audacity realizaremos os seguintes pasos:

1 Para abrir este programa dentro do Iniciador prememos sobre “Audacity”.

5.1

2 Unha vez aberta a ventá principal e para comezar unha gravación de voz deberemos pulsar sobre o botón de gravación, tal e como se mostra na imaxe inferior.

5.2

3 Neste instante veremos como na parte inferior do botón de gravar se abre unha ventá onde se grava o son. Se falamos diante do micrófono móstrase nesta ventá a forma de onda da voz que está sendo gravada, á vez que os indicadores de nivel de entrada mostran a cantidade de son capturado. Para terminar a gravación pulsaremos sobre o botón que contén un cadrado amarelo (parar a gravación).

5.3

4 Para comprobar que a gravación se realizou correctamente pulsaremos sobre o botón que contén un triángulo verde á dereita, nese intre tense que oír polos altofalantes a gravación de voz que teñamos feita.

5 Para gardar esta gravación de voz dentro do menú “Arquivo” escollemos a opción de “Exportar”. Ábrese unha ventá onde:

  1. Hai que darlle un nome ao ficheiro de son.
  2. Escoller un cartafol onde gardar ese arquivo
  3. Fixarse na extensión deste ficheiro, neste caso “WAV”, que significa “WAVE” ou ficheiro de formato de onda, indicando que se trata dun ficheiro de son.
5.4

Traballando con Audacity (2ª parte): edición de son

Neste apartado aprenderemos a editar unha gravación de voz, é dicir, eliminarase unha parte da gravación de voz ademais de engadirlle unha pista con son de fondo. Se levarán a cabo os seguintes apartados:

1. Editar unha gravación de voz. Eliminar unha parte da mesma.

2. Engadir e editar unha música de fondo noutra pista, así como variar o volume desta pista. Por último exportar o resultado final en formato OGG.

Editar unha grabación de voz

Para levar a cabo este traballo imos cargar dentro de Audacity o arquivo “Audio editar.wav”.  Despois, no programa Audacity imos ata o menú “Ficheiro”, escollemos “Importar” e logo “Son”. Agora na ventá que se abre buscamos este ficheiro dentro do escritorio de Ubuntu para cargalo.

6.1

O contido de son deste arquivo: “Traballando co programa de edición de son, Audacity. Esta parte é a que hai que cortar. Con este programa pódese engadir unha banda sonora de música noutra pista”.

A parte que imos eliminar é “ Esta parte é a que hai que cortar”. Para facelo dentro deste programa activar o botón de reprodución e localizar o punto exacto onde comeza esta locución (aos 4 segundos), este será o punto a partir do que se realizará a selección do son. Despois localizar o punto onde se acaba ca palabra “cortar” (no segundo 6.5), este será o final da selección.

6.2

Polo tanto seleccionar esta pista de son entre os 4 e os 6.5 segundos, despois premer a tecra de suprimir “Supr” para eliminar este anaco de son. A selección se realiza co rato, pulsando o botón esquerdo sobre os 4 segundos e mantendo o botón pulsado arrástrase ata os 6.5 segundos.

Despois de premer o botón suprimir a forma de onda deberá quedar igual que na imaxe inferior.

6.3

Traballando con Audacity (2ª parte): Edición de son

Dentro do proxecto anterior imos engadir unha pista que conteña a música de fondo. Para levar a cabo este procedemento:

1 Descargar e gardar no escritorio de Ubuntu o ficheiro chamado “Musica de fondo.wav”

2 No programa Audacity escoller dentro do menú “arquivo” a opción de “Importar” e seleccionar “Son”. Na ventá que se abre cargar o ficheiro do punto anterior desde o escritorio. Pode verse que ao facelo Audacity engade unha nova pista con dous canais de son (traballo en estereo) que contén a música de fondo.

6.4

3 Para variar o volume da pista da música so hai que variar a posición do botón deslizante de volume, de maneira que si o desprazamento se realiza cara a esquerda con respecto a súa posición central se baixa o volume. Colocar o botón do deslizador sobre a segunda liña á esquerda.

Control de volume

6.5

Deslizalo sobre a segunda liña da esquerda

6.6

4 Unha vez feita esta operación premer o botón de reproducir para ver como queda o nivel da música de fondo con respecto á voz. Pódese variar a posición do botón de volume para baixar (máis á esquerda) ou aumentar (máis á dereita) o nivel da música de fondo.

5 Gardar o ficheiro creado en Audacity. Por último para exportar o resultado final en formato OGG, dentro do menú de “Ficheiro” escoller “Exportar”. Fixarse na ventá que se abre no nome do ficheiro que se exporta, e na parte inferior escoller como formato de saída “OGG”. Tamén deberemos fixarnos no cartafol onde se gardará o ficheiro xerado en formato OGG. Despois premer en “Gardar”, na nova ventá “Aceptar” e na última ventá que aparece de novo en “Aceptar”.

Para escoitar o resultado final de como debería quedar premer sobre a imaxe:

6.7

No caso de que teñades algún problema coa reprodución do son no navegador, podesdes premer nel co botón e seleccionar «Gardar enlace como…» para descargar o arquivo ao voso equipo e abrilo con algún reprodutor que teñades instalado.

 

fileorange Fin dos contidos do módulo.

Con isto rematan os contidos do módulo. Se desexa saber máis sobre algún apartado ou descubrir novas posibilidades destas ferramentas consulte a colección de recursos complementarios do módulo.

offsite Para saber máis ir á colección de recursos complementarios do módulo