O proceso para crear unha película educativa pasa polos seguintes procedementos:

1.- Elaborar un guión sobre o tipo de película a realizar, por exemplo, un vídeo titorial onde se lle explica aos alumnos como instalar o programa Gimp dentro de Ubuntu.

Guión:

Cada vez é máis común realizar fotografías con todo tipo de equipos electrónicos, dende teléfonos móbiles ata tablets, netbooks, cámaras dixitais etc.

Un dos programas máis interesantes para editar as fotos chámase Gimp. Pertence á categoría de software libre, isto quere dicir que se pode usar libremente sen pagar por el.

O primeiro que temos que facer para traballar con este programa é instalalo dentro de Ubuntu. Para facelo escollemos dentro do menú de «Aplicacións» a categoría de «Centro de software de Ubuntu».
Agora, e dentro da ventá que aparece, escríbese dentro do recadro que ten a lupa o nome deste programa «Gimp», veremos como aparece unha descrición deste na ventá inferior, só hai que seleccionar o seu nome e a continuación pulsar o botón de instalar para comezar o devandito proceso.

Gravación de pantalla

Agora abrimos o programa “Recordmydesktop” e na ventá que aparece o primeiro que hai que facer é darlle un nome á gravación que se vai realizar, polo tanto pulsar sobre o botón de “Gardar como” e darlle, por exemplo, o nome de “Vídeo titorial Gimp”. Por outro lado se garda este arquivo no escritorio (b).

video_5.1  video_5.2

O seguinte paso consiste en premer sobre o botón de “Gravar” e realizar unha gravación de pantalla onde se leva a cabo o procedemento de instalación do programa Gimp segundo o guión do apartado anterior. É importante saber que cando se está gravando na parte superior dereita da barra estado de Ubuntu aparecerá un cadrado vermello, e é nel onde temos que premer para deter a gravación. Cando estea en pausa ou se pare aparecerá un círculo vermello.

video_5.3  video_5.4

Ao premer sobre o botón redondo de cor vermello ábrese unha ventá onde temos que escoller “Deter”, nese intre aparece outra ventá onde se indica que hai que esperar mentres se realiza o renderizado do vídeo da captura de pantalla.

video_5.5  video_5.6

Ao cabo duns minutos, dependerá do tempo de gravación e da potencia do noso computador, pecharase a ventá e o ficheiro da nosa gravación estará no escritorio.

video_5.7

A edición do vídeo en OpenShot

Este programa ímolo empregar para facerlle unha introdución ao vídeo titorial así como a modificación daquelas partes do vídeo que non foron gravadas correctamente ou que simplemente no están coma nosoutros esperabamos. Tamén usarémolo para incluir unha banda sonora, engadir transicións e efectos, ademais doutros elementos. Para non facer este titorial demasiado longo simplemente explicaremos como quitar aquelas partes que non estean ben e exportalo a un formato que podamos usar en Internet.

Abrir o programa Openshot premendo sobre a icona que está no escritorio.

Para cargar o ficheiro “Vídeo Titorial Gimp.avi” dentro deste programa simplemente hai que arrastralo desde o escritorio ata a zona de “Arquivos do proxecto”.

video_5.12  video_5.13

Agora temos que gardar o proxecto escollendo do menú “Arquivo” e “Gardar Proxecto”. na ventá que aparece definir os seguintes parámetros:

video_5.14

a) Aquí se lle da un nome ao proxecto o cal tamén será o nome do ficheiro de saída, neste caso poderíase chamar “Vídeo Titorial Gimp Final”.

b) Escollemos un cartafol de saída, neste caso o escritorio para facilitar a súa localización.

c) O perfil do proxecto que se elixe premendo sobre a frecha invertida da dereita. Aquí escolleremos “DV Pal”.

d) As dimensións do vídeo final. Neste caso no se pode modificar xa que ven determinado polo perfil do proxecto escollido, sendo estas dimensións de 720 por 576 píxeles.

O seguinte procedemento pasa por cargar o ficheiro de vídeo nunha das pistas inferiores do programa Openshot e despois editalo para eliminar aquelo que no nos gosta do vídeo.

a) Arrastrar o vídeo desde la zona de “Arquivos do proxecto” ata unha das pistas inferiores, por exemplo, a segunda pista.

video_5.15

b) Se nos fixamos xusto enriba da pista número 2 aparece unha regra horizontal graduada en tempo, neste caso 15 segundos por cada centímetro . Debemos pulsar sobre o símbolo da lupa de + para disminuir o valor de maneira que quede en 4 segundos por centímetro, desta maneira poderemos realizar a edición con moita maior precisión.

video_5.16  video_5.17

c) Agora pulsamos sobre o botón de play ou a barra espazadora do teclado para comezar a reprodución do vídeo.

d) No momento que algunha parte do vídeo non nos guste paramos a reprodución e retrocedemos xusto un pouco antes deste momento. Nese instante de tempo realizase o primeiro corte do clip de vídeo. Para entender isto un pouco mellor, supoñamos que aos 32 segundos e ata os 45 segundos no clip de vídeo (así se chama o vídeo que agora se atopa na pista de edición) se produce un erro de locución ou un ruído non previsto, pois o que temos que facer é eliminar un anaco de clip entre eses dous tempos.

e) A ferramenta que temos que usar para realizar os cortes nun clip de vídeo chámase “Ferramenta de Navalla”.

video_5.18

f) Usando a ferramenta anterior cortamos aquel anaco de clip que non queda ben, por exemplo entre os 32 e os 45 segundos. Para usar esta ferramenta arrastrarémola sobre o clip de vídeo e pulsaremos dúas veces co botón esquerdo do rato sobre a zona de tempo a cortar.

video_5.19

g) Unha vez realizados os cortes aos 32 e 45 segundos, para eliminar este anaco primeiro seleccionamos a “Ferramenta Frecha”, e despois pulsamos co botón dereito do rato sobre o anaco de clip a eliminar, desta forma aparecerá unha ventá emerxente onde temos que escoller “Quitar fragmento”.

video_5.20

h) Agora arrastramos o clip da dereita cara á esquerda para cubrir o espacio baleiro que deixou o anaco de clip que acaba de ser eliminado.

video_5.201

i) Repetir ol procedemento anterior cantas veces falla falta ata que o vídeo quede correctamente, sen ruídos de fondo, repeticións da locución, etc.

j) Unha vez terminada a edición do vídeo procederemos a exportalo a un formato para traballar con el dentro dun ordenador. Para elo pulsaremos sobre o botón vermello “Exportar Vídeo” da barra de iconas superior deste programa.

video_5.22

k) Abrirase unha ventá onde deberemos de establecer as seguintes opcións:

video_5.23

(a) Nome do arquivo igual que o nome do proxecto.

(b) O cartafol de saída neste caso será o escritorio.

(c) Pulsamos sobre a frecha invertida da dereita e na ventá flotante que aparece escolleremos “Todos os Formatos”.

(d) Aquí se escolle un formato contedor neste caso AVI e codificado en mpeg2. Ao igual que antes se escolle na ventá emerxente que aparece ao pulsar a frecha invertida da dereita.

(e) Escoller aquí como perfil de saída “DV PAL”.

(f) Por último a calidade final dependerá do destino deste vídeo, por exemplo para gravar despois nun DVD escolleremos unha calidade alta, en cambio para subir a Youtube a calidade pode ser media ou baixa.

l) Unha vez configuradas todas estas opcións pulsar sobre o botón de “Exportar Vídeo”.