Formas de realizar unha gravación

A gravación de vídeo pódese realizar de varias formas:

A) Cun traballo realizado enteiramente dentro do ordenador, é dicir, usando programas que gravan todo o que se fai na pantalla do ordenador tanto a nivel de vídeo como de son. Esta forma de traballar é moi cómoda, xa que non é necesario dispor de ningún equipo de hardware para realizar a gravación, só dun micrófono conectado ao ordenador.

Un exemplo deste tipo de programas é “CamStudio”, que pertence á categoría de software libre.

video_1.1

B) Outra maneira facelo é utilizando equipos para realizar gravacións externas ao ordenador, como os seguintes:

  1. Mediante unha webcam conectada ao noso PC.

    video_1.2

  2. Mediante un teléfono móbil.

    video_1.3

  3. Mediante unha cámara de fotos que tamén ten a posibilidade de gravar vídeos.

    video_1.4

  4. Usando unha cámara de vídeo.

    video_1.5

O Hardware

Cando se traballa na gravación e edición de vídeos é necesario usar un ordenador que cumpra con certas condicións.

Un microprocesador que non estea anticuado, por exemplo, non sería posible realizar este traballo correctamente se o microprocesador fora un Pentium I o un 486. Ademais a velocidade de traballo dos mesmos deberá ser superior a un 1Gigaciclo.

Unha memoria RAM superior a 500 Megabytes.

Suficiente espacio libre no disco duro, como mínimo mais de 500 Megabytes.

A tarxeta gráfica tamén é moi importante, pero para o tipo de software que se vai usar con estes procedementos o seu requirimento non é moi esixente, polo tanto practicamente vale calquera tarxeta gráfica integrada ou montada na placa base.

video_2.1

Software necesario e instalación

Gravación dentro do ordenador: O Software necesario

Para a realización de películas usando este procedemento será necesario instalar o seguinte software dentro de Ubuntu:

1 Recordmydesktop: Programa que grava a captura de pantalla en formato multimedia.

video_3.1

2 Transmageddon: Este software ímolo empregar para converter o formato (ogv) co que se fixeron as gravacións co programa anterior, a un formato para traballar co programa de edición de vídeo OpenShot.

video_3.2

3 OpenShot: Con este programa faremos a edición al vídeo capturado co programa Recordmydesktop.

video_3.3

Gravación dentro do ordenador: Instalación do software

A instalación do software para levar a cabo a obtención e preparación dos vídeos realizarase da mesma maneira como se instalou o programa Audacity.

Recormydesktop.  Abrimos o  “Centro de software de Ubuntu” e coma sempre dentro do cadro de busca (onde aparece a lupa) escribímolo nome do programa a buscar neste caso «Recordmydesktop». Unha vez que apareza pulsamos sobre instalar.

video_4.1

2 Transmageddon: O procedemento de instalación deste software realízase exactamente igual que o anterior:

video_4.4Unha vez instalado debería aparecer no menú «Iniciador» de Ubuntu a súa icona. De non ser así deberemos premer o botón «Inicio»  e teclear o seu nome no cadro que aparece.

3 OpenShot. Cómpre repetir o mesmo procedemento que o empregado para instalar os dous programas anterirores, Recordmydesktop e Transmageddon. Despois tamén podemos crear un acceso ou lanzador no escritorio.

video_4.5

Ao rematar a instalación de todos estes programas, deberemos ter accesos directos a eles no «Iniciador».

video_4.6